Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

11/06/2024 | 20:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca as políticas de retorno coma unha ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo e afrontar o reto demográfico

Resalta o éxito da Estratexia Galicia Retorna, dotada de 450 M€, que logrou que a comunidade gañe habitantes nos últimos anos

11/06/2024 | 15:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González enxalza o labor dos colexios profesionais a prol da formación e do emprego de calidade en Galicia

Puxo en valor a aposta da Xunta neste eido a través do Plan Galego de Formación para o Emprego 2024, dotado cun orzamento de máis de 117 millóns de euros e defendeu a colaboración entre as Administracións e os colexios profesionais neste ámbito

11/06/2024 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha unha campaña para alertar sobre os riscos do manexo do tractor co foco no rural

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja,  presentou hoxe a iniciativa autonómica

11/06/2024 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A delegación da Xunta en Vigo incorpora 16 novos funcionarios en Política Social, Emprego, Mar e Sanidade

A delegada territorial, Ana Ortiz, deu este martes a benvida aos traballadores dos grupos C1 e C2 que reforzan a estrutura do Goberno galego na cidade

11/06/2024 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O prazo para optar ao financiamento para os Programas Integrados de Emprego ábrese mañá

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para os anos 2024 e 2025, coa previsión de que se beneficien unhas 4.600 persoas a través de entidades locais e organizacións sen ánimo de lucro

10/06/2024 | 18:05 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta que case o 60% das persoas atendidas nos polos de emprendemento da provincia de Ourense son mulleres

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reivindicou o papel das mulleres que emprenden no rural e chamou a seguir rachando coas fendas de xénero

10/06/2024 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede os premios dos concursos Consumópolis e Galicons-Net para impulsar o consumo responsable nos centros educativos de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o IES Cacheiras, da Coruña, e o IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, gañadores nestas dúas iniciativas do Goberno galego

10/06/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca oito cursos de formación especializada que se celebrarán no Corazón da Artesanía de Agolada

A Fundación Artesanía de Galicia organiza cursos centrados na cestería, na olería tradicional de Buño, na tapicería, no bordado ou no debuxo e mais un obradoiro práctico sobre decoración de mesas

10/06/2024 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa aos axentes implicados no impulso do emprendemento e do emprego sobre o Bono remuda activo para garantir o mantemento dos negocios

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no webinario organizado para dar conta da convocatoria novidosa por 1,5 millóns de euros para impulsar o traspaso de negocios no marco da Rede de polos