Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

13/06/2024 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a súa aposta por coordinar e especializar o ecosistema do emprendemento galego coa implicación de todos os axentes

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra na presentación da 11ª edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2024

13/06/2024 | 14:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González avalía cos directores e orientadores das oficinas de emprego de Ourense melloras para potenciar o Servizo Público de Galicia

O conselleiro puxo en valor o traballo que desempeñan estes profesionais para ofrecer ás galegas e galegos as mellores oportunidades de emprego

13/06/2024 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta traballa para reforzar os centros comerciais abertos como espazos perfectamente identificables e atractivos para os consumidores

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, sinalou hoxe na comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo que o Goberno galego define unha nova estratexia para impulsar en Galicia un comercio de calidade que xere confianza

12/06/2024 | 19:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o papel das mutuas como “complemento imprescindible” para acadar unha Galicia máis sa e competitiva

Avoga por intensificar o seu papel para darlles “máis intervención”, sempre dentro da normativa

12/06/2024 | 17:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo analiza as necesidades da Federación de Unión de Comercios Coruñesa e destaca o labor da Xunta a prol da remuda nos negocios

Nesta xuntanza abordaron o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios e que se complementa co Bono remuda, unha orde de axudas novidosa á que a Xunta destina 1,5 millóns de euros

12/06/2024 | 15:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta traballará en coordinación cos axentes sociais para facer fronte ao absentismo laboral e artellar posibles solucións

González apelou a manter sempre activo os procesos de escoita activa co tecido empresarial porque afirmou que a colaboración público-privada é a chave para seguir avanzando no progreso e crecemento de Galicia

12/06/2024 | 13:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga na Coruña pola Responsabilidade Social Empresarial para construír unha Galicia máis competitiva e integradora

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández interveu hoxe na inauguración das Xornadas Corresponsables A evolución e tendencias da sustentabilidade e a comunicación responsable 

12/06/2024 | 13:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia este domingo a comercialización e a divulgación da Artesanía de Galicia en Santiago de Compostela coa cita ’Sabor a Novo’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na presentación do evento no que se amosará o traballo de 27 obradoiros pertencentes á marca Artesanía de Galicia

12/06/2024 | 13:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima en Vigo a participar da campaña ‘Días Azuis’ coa que se sortearán 20.000 euros en premios para impulsar o comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na presentación da tarxeta promocional do Centro Comercial Aberto Vigo Centro