Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa a remuda na xastrería a través do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á última xornada do curso de iniciación á xastrería artesanal impulsado pola Xunta en Santiago de Compostela
José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades
O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía social
José González pon en valor o termalismo como elemento dinamizador do rural e xerador de emprego
Defendeu a necesidade de coidar e impulsar o termalismo como motor económico e remarcou que a Xunta leva anos traballando neste eido para potenciar este sector
A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro dos oficios e das técnicas artesanais tradicionais de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á última xornada do curso ‘Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag’, enmarcado no programa formativo do Goberno galego ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’
A Xunta pon en valor as súas políticas para impulsar o cooperativismo na Asemblea Xeral da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, está a participar nesta cita que se celebra en Valencia, capital española este ano da economía social
A Xunta pon en valor en Lugo a campaña ‘Días azuis’ de impulso ao comercio local de Galicia e coa que se promove a remuda xeracional
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén percorreu hoxe varios locais que participan na iniciativa da Xunta e da Federación Galega de Comercio
A Xunta abre á cidadanía a sede reformada de emigración e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno para o que se investiu 1,8 M€
José González puxo en valor na xornada de portas abertas as novas instalacións de Mazarelos para ofrecer mellores servizos ás persoas retornadas
O polo de emprendemento de Friol da Xunta prestou xa asesoramento a preto de 150 proxectos empresariais, máis dun 20% do ámbito científico e técnico
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Os polos, comunidade emprendedora, que organizou o centro lucense no marco do seu programa de actividades