Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

19/01/2023 | 15:00 | Axencia de Turismo de Galicia

Luis López pon en valor “o enorme potencial e inmenso caudal natural” de Deza e Tabeirós como ‘destino verde’ de referencia en España

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou hoxe na presentación do xeodestino, impulsada pola ADR Terras de Pontevedra Norte, na feira Fitur en Madrid

18/01/2023 | 20:24 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca en Fitur o papel da Ribeira Sacra e Termatalia como uns dos mellores exemplos do modelo turístico galego, sostible e de calidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou os esforzos da Xunta para posibilitar un desenvolvemento turístico planificado e seguro, que implique á poboación e ao territorio na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico

18/01/2023 | 19:36 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Gabriel Alén enxalza á provincia de Ourense como referente do turismo enogastronómico e termal

O delegado territorial subliñou que a enogastronomía galega, baseada na calidade da materia prima do produto local e da súa cociña, forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, da súa identidade como territorio e do seu estilo de vida, polo que resulta un recurso central na promoción na Feira Xantar

18/01/2023 | 18:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amosa en Fitur o potencial das fervenzas galegas como atractivos sustentables e de calidade para un turismo desestacionalizado

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do catálogo Fervenzas de Galicia, Poema Visual, onde defendeu a comunidade como un destino “de excelencia, con experiencias e vivencias únicas”

18/01/2023 | 17:44 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta en Fitur as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal como referente do turismo slow en Galicia

A través dun convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol valorado en 54.000 euros, o Goberno galego financia accións concretas para a promoción do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas no que no último ano se rexistrou un incremento da ocupación do 41%

18/01/2023 | 17:01 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta en Fitur por seguir potenciando a ruta Traslatio como un produto turístico de calidade baseado no Xacobeo, a natureza e no contacto coa poboación local

Trenor participou na presentación do Plan de sostenibilidade turística da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e afirmou que estamos ante o mellor exemplo de que cando se traballa en equipo, cuns obxectivos claros é posible potenciar novos espazos turísticos

18/01/2023 | 16:10 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro presenta en Fitur os Plans de Sostibilidade Turística que dinamizarán o sector enogastronómico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada dos delegados territoriais de Ourense e Pontevedra, presentou os Plans de Sostibilidade Turística de Enogastronomía dos xeodestinos de Valdeorras e Ría de Vigo e Baixo Miño dotados cada un con 1,5 M€

18/01/2023 | 14:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o Plan Territorial de Destino Turístico do Condado e A Paradanta, centrado na enogastronomía e dotado con 1,5 M€ de fondos europeos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, destacou o apoio do Goberno galego a este xeodestino do interior da provincia na súa presentación na xornada inaugural de Fitur

17/01/2023 | 11:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza a posta en marcha da III edición da aceleradora de startups turísticas- Turislab 2023

 A finalidade é seguir aumentando a oferta formativa e incorporando novos contidos para optimizar os resultados nas saídas aos mercados e acadar novos casos de éxito