Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 636 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

23/09/2023 | 19:30 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria
23/09/2023 | 11:42 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia licita por algo máis de medio millón o proxecto de rehabilitación do Cárcere Vello de Tui

O proxecto permitirá transformar o edificio nun centro de recepción de peregrinos así como un Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui

22/09/2023 | 15:36 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o impacto positivo dos festivais en Galicia na presentación da 2ª edición do OUR Fest 2023

A xornada musical volve contar co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Estrella Galicia

22/09/2023 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia asumirá a xestión do albergue de peregrinos de Vilagarcía cando o concello solucione as súas deficiencias

O edificio sofre de graves problemas de remate e de humidades que é preciso arranxar para que o edificio poida funcionar

21/09/2023 | 20:33 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta segue a promover Galicia como como destino turístico sostible entre turoperadores nacionais e internacionais

O director de Turismo de Galicia participou no peche dun fam trip con turoperadores internacionais que se celebrou hoxe na Illa da Toxa para dar a coñecer as empresas e produtos adscritos ao Clube de Produto Galicia Destino Sostible

21/09/2023 | 16:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inaugura a Mouteira do Camiño de Santiago que estreita lazos entre Galicia e Corea

O responsable da S.A Xacobeo viaxou ata a illa de Jeju para participar na inauguración oficial da mouteira, coa que se devolve a visita feita a Galicia o ano pasado por parte dunha delegación da provincia de Jeju.
 

21/09/2023 | 14:42 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O Bono Turístico #DescubreGaliciaenOutono lánzase en outubro para promover a desestacionalización entre a poboación galega

O presidente da Xunta precisou que terá formato dixital e permitirá facer descontos sobre as actividades turísticas contratadas ata un máximo de 100 € a través dun código QR

20/09/2023 | 16:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o crecente compromiso coa excelencia turística de Terras de Compostela con 17 novas entidades co distintivo de calidade SICTED

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa no acto de entrega destas 17 distincións que recibiron desde aloxamentos de turismo rural, restaurantes, empresas de turismo activo ou de turismo industrial

19/09/2023 | 17:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia de Turismo de Galicia

O festival Maré reúne máis de 25 bandas e artistas de oito países para converter Santiago na capital da música atlántica co apoio da Xunta

Os directores da Axencia Galega das Industrias Culturais e de Turismo de Galicia participan na presentación do evento, que esta semana ofrecerá as actuacións de Amancio Prada, Abraham Cupeiro, Maro, Bia Ferreira, Don Letts ou Fetén Fetén