Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

17/10/2023 | 21:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove os entroidos tradicionais entre máis de medio cento de axentes turísticos para atraer viaxeiros nacionais fóra de temporada

O director de Turismo de Galicia presenta na Casa de Galicia en Madrid esta oferta “que se consolida como unha das propostas con máis potencial do inverno galego”

17/10/2023 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o “decisivo papel” do Camiño de Santiago para revitalizar a economía do rural galego

Refírese ao positivo impacto que ten a actividade dos peregrinos nas contornas “polo efecto multiplicador do gasto que realizan nos establecementos locais”

14/10/2023 | 10:05 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta compartirá o modelo galego de xestión do Camiño de Santiago con países de Europa do leste

Galicia preside este ano a Federación Europea do Camiño de Santiago, que esta semana vén de incorporar novas administracións públicas de Polonia e Croacia

13/10/2023 | 14:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta ten mobilizado o 84% dos fondos europeos para a rehabilitación dos BICS do Camiño de Santiago

Oito dos 12 proxectos relativos aos BICS están xa licitados para “executar os investimentos o antes posible e aproveitar o retorno para os territorios”, expresa

11/10/2023 | 17:48 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a capacidade de crecemento do turismo termal para dinamizar economicamente o rural galego

Destaca que só o ano pasado rexistráronse medio millón de noites vinculadas ao termalismo con visitantes nacionais “cun gasto superior ao dun turista convencional”

11/10/2023 | 13:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a V feira especializada no Camiño Fairway, que promoverá máis de 3.000 reunións profesionais para fomentar o emprego na ruta xacobea

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación deste foro que se desenvolverá do 1 ao 3 de novembro en Santiago de Compostela

09/10/2023 | 12:34 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o “potencial e prestixio” do Centro Superior de Hostalería de Galicia, cunha inserción laboral de máis do 95%

Este ano conta con máis de 170 estudantes, dos que 53 son de novo ingreso no Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago de Compostela

08/10/2023 | 11:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza a promoción turística internacional de Galicia con accións nos mercados europeo, americano e asiático

En colaboración co Consejo Jacobeo, un grupo de turoperadores de Bruselas, Estocolmo, Lisboa, México, Oslo, Sao Paulo, Tailandia, Indonesia, Filipinas e Australia rematan esta fin de semana a súa viaxe a distintos puntos do Camiño de Santiago

07/10/2023 | 10:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A aposta da Xunta pola sustentabilidade en Fitur 2023 e os trens turísticos de Galicia, recoñecidos entre as mellores iniciativas no ámbito internacional

O expositor no que o Goberno autonómico promoveu a Comunidade galega en xaneiro na 56ª edición da Feira Internacional de Turismo recibiu esta semana o premio outorgado pola organización e o Instituto de Turismo Responsable