Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 636 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

01/06/2024 | 22:13 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo salienta a oportunidade da estratexia enoturística de Valdeorras para impulsar a comarca

Na inauguración da XXV Feira do Viño, o delegado da Xunta en Ourense puxo en valor a folla de ruta incluída no Plan Territorial deseñado pola Xunta con fondos europeos

31/05/2024 | 14:54 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda felicita ao sector turístico por contribuír a reforzar a calidade de Galicia como destino

Recorda que a comunidade lidera as certificacións Q e S de Calidade e Sustentabilidade Turística

30/05/2024 | 19:03 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles anima a explorar “os retos e oportunidades” do Camiño no horizonte do Xacobeo 27

O director de Turismo de Galicia participa en Mondoñedo na inauguración do encontro ‘Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación’

29/05/2024 | 16:25 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda salienta que O Son do Camiño permite situar a comunidade na elite da música internacional e levar a marca Galicia por todo o mundo

“Son tres días para desfrutar e nos que Galicia vai estar posta no mapa a través da música”, resaltou

28/05/2024 | 12:53 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a aposta da Xunta de Galicia polos grandes festivais como ‘O Son do Camiño’ polo seu crecente impacto turístico

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación da quinta edición que arrancará o xoves en Santiago de Compostela e se celebra ata o sábado

28/05/2024 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta financiará a posta en valor das construcións do Castro da Cividá

As obras serán posibles grazas á subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para a mellora das infraestruturas turísticas, que deixou en Cerdedo-Cotobade 30.000 euros

27/05/2024 | 15:28 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza en Milán a presenza de Galicia no mercado turístico de alto impacto e de excelencia

Turismo de Galicia participa cunha vintena de operadores especializados neste mercado dentro do traballo que está a facer para atraer o turista de alto poder adquisitivo 

27/05/2024 | 14:43 | Axencia de Turismo de Galicia

Vilanova de Arousa mellora a zona de San Miguel de Deiro grazas a unha achega de 80.000 euros da Xunta

O delegado territorial visitou a zona de San Miguel de Deiro e anunciou as obras de mellora que se levarán a cabo

27/05/2024 | 14:37 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste máis de 137.000 € na mellora das infraestruturas turísticas de 5 concellos da comarca de Santiago

A delegada territorial destacou que a área de Santiago ten todos os requisitos para lograr incrementar o peso do seu sector turístico na súa economía polo que mediante investimentos como estes a Xunta traballa para facer destes municipios un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global

25/05/2024 | 17:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Manuel Merelles pon en valor o Santuario das Ermidas como polo de atracción de visitantes

No decurso da xornada ‘400 anos das Ermidas: Historia dun Santuario’, lembrou o compromiso da Xunta por incrementar o interese turístico do Concello do Bolo