Alfonso Villares pon en valor as iniciativas do sector pesqueiro para promocionar a calidade e as propiedades gastronómicas do peixe e marisco galegos

Ferrol, 02 de marzo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a calidade e as propiedades gastronómicas do peixe e mariscos galegos na xornada de showcooking adicada á ameixa babosa celebrada no salón Curuxeiras da Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao. O responsable autonómico, acompañado polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e polo presidente da entidade portuaria Francisco Barea, loou a celebración de este tipo de eventos para difundir e promocionar os alimentos mariños, nesta ocasión, esta especie de bivalvo que é a máis importante para o sector marisqueiro ferrolá, moi cobizado no mercado polo seu extraordinario sabor e calidade. Nesta liña subliñou a importancia de consumir os produtos locais e de proximidade, fundamentais na xeración de emprego e no desenvolvemento económico dos municipios e as súas bisbarras.

Esta iniciativa, que realizouse coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Norte, a Consellería do Mar e a confraría de Ferrol, contou coa participación do chef galego Dani (restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol) que foi o encargado dunha mostra de cociña realizando diferentes elaboracións da ameixa babosa da ría –á mariñeira, ao natural, á tixola,...- á vez que foi explicando as claves das diferentes técnicas de preparación e as calidades do produto. Para completar a experiencia os asistentes tiveron a oportunidade de participar nunha degustación no que os produtos extraídos polos socios da ría de Ferrol foron os claros protagonistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2024