A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río do Marco ao seu paso polo concello de Pontevedra

Os dous treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de 100 metros

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

Estas intervencións teñen como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
 

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río do Marco, no concello de Pontevedra.

Estas tarefas desenvolveranse en dous treitos do río que suman unha lonxitude de 100 metros.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río do Marco quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións teñen como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2024