A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a entidade

A Xunta colabora coa Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple en programas de atención social, intervención especializada e rehabilitación

O Goberno galego garante a continuidade do apoio a entidades que traballan para mellorar o día a día das persoas

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, garantiu hoxe a continuidade do apoio da Xunta de Galicia a entidades que traballan a pé de campo para mellorar o día a día das persoas, como é o caso da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (Acem). Begoña Abeijón visitou esta mañá as instalacións desta asociación e mantivo unha reunión de traballo cos responsables para seguir estreitando a colaboración e mellorando os servizos.

A directora xeral explicou que o Goberno galego colabora con Acem co financiamento de diferentes programas. Así, a través da última convocatoria de axudas con cargo aos fondos do 0,7% do IRPF esta entidade recibiu 60.000 euros para programas de atención e intervención especializada, rehabilitación e para mantemento dos centros.

Begoña Abeijón tamén apuntou o incremento do orzamento que a Xunta destina este ano á atención a discapacidade, superando os 170 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/03/2024