A Xunta avalía a sustentabilidade empresarial do sector vitivinícola para afianzar a súa presenza no mercado internacional do viño

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na inauguración do primeiro dos webinarios sectoriais que forman parte do programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. En concreto, a xuntanza virtual serviu para avaliar a sustentabilidade empresarial do sector vitivinícola, facéndose fincapé nos retos que enfrontan as empresas deste sector para cumprir cos criterios ambientais, sociais e de goberno corporativo (ASG) dos mercados internacionais do viño.

Estes webinarios teñen lugar no marco da cuarta edición do programa Responsabilízate que ofrece asesoramento gratuíto ás pemes e microempresas galegas para axudarlles na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sustentables. As entidades beneficiarias desta iniciativa reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/02/2024