O xornalista e escritor lucense, José Besteiro, presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu libro 'Francisco Umbral. Manual de instrucciones'

Madrid, 27 de febreiro de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro de José Besteiro, FRANCISCO UMBRAL. MANUAL DE INSTRUCCIONES.

 

Acompañando ao escritor estiveron Daniel Gavela, ex director xeral da SER, Catro e CNN+, e Bieito Rubido, director de El Debate.

 

Nacido en Riotorto (Lugo) en 1963, José María Besteiro é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e ten un mestrado en Dirección e Produción de Radio e Televisión pola Boston University.

 

José Besteiro é xornalista e escritor. Colaborou como articulista en ABC e El País. Neste diario publicou por entregas Os reis catódicos, serie de columnas que posteriormente foron recollidas en forma de libro. Tamén é autor de "Un hombre que se parecía a Cunqueiro", unha biografía do autor de Merlín e familia unanimemente aclamada pola crítica. Antes de dedicarse á escritura de maneira profesional, Besteiro foi empresario e produtor de televisión de series de éxito como “Sin tetas no hay paraíso” e “Pasión de Gavilanes”. Tamén realizou videoclips para Enrique Iglesias e Alejandro Sanz e foi produtor asociado da película “La lengua de las mariposas”, dirixida por José Luís Cuerda.

 

Na actualidade é o presidente de Galiwood distribuidora de series e programas de televisión para numerosas cadeas.

 

"Francisco Umbral: Manual de instrucciones", con prólogo de Ángel Antonio Herrera, é unha obra que combina ensaio, crónica e narrativa para mergullarnos na vida e obra de Francisco Umbral. O autor, José Besteiro, ofreceu unha visión profunda e reveladora tanto do escritor como da experiencia literaria e analizou durante a presentación a Francisco Umbral como escritor e como persoa.

 

A sala principal da Casa de Galicia encheuse de rostros coñecidos como os dos actores José Mota e Carlos Iglesias, así como numerosas personalidades e profesionais do mundo xornalístico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2024