A delegación da Xunta en Ferrol acolle un seminario de mellora da comunicación coas persoas con diversidade cognitiva para empregados públicos

Ferrol, 26 de febreiro de 2024

A Delegación Territorial da Xunta en Ferrol acolleu hoxe un seminario formativo sobre ferramentas e estratexias específicas para unha comunicación efectiva coas persoas con autismo e diversidade cognitiva dirixido a empregados públicos.

A iniciativa, impartida pola Federación Autismo Galicia, vén a completar o proxecto de mellora da accesibilidade cognitiva da Delegación Territorial de Ferrol iniciado o pasado mes de decembro coa instalación de preto de 200 pictogramas nas diferentes unidades. A finalidade do mesmo é a de promover a sensibilización fronte ao autismo e a diversidade cognitiva e implantar medidas para mellorar a accesibilidade nestas dependencias co obxecto de facer unha Administración máis próxima, útil e accesible para tódolos cidadáns, independentemente das súas capacidades.

Preto dun centenar de empregados públicos, divididos en dúas quendas, participaron na sesión formativa que se impartiu en horario de mañá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/02/2024