O DOG convoca as probas físicas e de agudeza visual para os integrantes de determinadas categorías e escalas do servizo de prevención de incendios da Xunta

Na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia explícanse todos os detalles sobre datas, horarios e requisitos que deben cumprir os aspirantes

As probas de agudeza visual terán lugar os días 6 e 7 de marzo no Centro Integral de Loita Contra o Lume (CILL) de Toén (Ourense) e as probas físicas no estadio municipal Vero Boquete de Santiago de Compostela a partires do día 11 de marzo
 

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se convocan probas físicas e de agudeza visual para os integrantes de determinadas categorías e escalas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galicia.

As probas de agudeza visual serán as primeiras en celebrarse. Terán lugar os días 6 e 7 de marzo a partires das 09:00 horas da mañá no Centro Integral de Loita Contra o Lume (CILL), situado na localidade ourensá de Toén. As probas físicas desenvolveranse todas elas no estadio municipal Vero Boquete de Santiago de Compostela, a partir do día 11 de marzo. As datas e o horario concreto destas probas publicaranse na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/.

Os profesionais aos que atinxe este chamamento son os integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás seguintes categorías: técnico superior de defensa contra incendios forestais; técnico forestal de defensa contra incendios forestais; bombeiro forestal xefe de brigada; bombeiro forestal condutor de motobomba; bombeiro forestal condutor; bombeiro forestal e vixilante fixo.

Todos os aspirantes deberán acudir á realización das probas provistos do DNI e os que vaian facer as probas físicas terán que remitir, no prazo de cinco días hábiles desde mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, un certificado médico oficial ou informe sobre estado de saúde.

Ligazón á resolución no DOG:

Data de actualización: 26/02/2024