O conselleiro de Sanidade en funcións participa na II edición da carreira “CORREMOS contra o cancro”

Por segundo ano consecutivo, García Comesaña participa neste evento deportivo que organizan a Asociación Español Contra o Cancro e o Concello de Mos

Mos (Pontevedra), 25 de febreiro de 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, participou está mañá na II edición da andaina “CorreMOS contra o cancro”.

Así, e por segundo ano consecutivo, o titular da carteira sanitaria da Xunta participa neste evento que organiza a Asociación Española Contra o Cancro, en colaboración co Concello de Mos.

Tanto no caso da carreira, como no da andaina, o obxectivo é recadar fondos para a loita contra o cancro, ademais de concienciar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos de vida saudables para previr esta enfermidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/02/2024