A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Antes, no concello de Mazaricos

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron a achega nunha inspección rutineira

O vertido procedía dunha vivenda particular, onde as augas vertidas se infiltraban na cuneta da estrada

Augas de Galicia constatou o cese da achega irregular, tras proceder o titular da vivenda á correcta conexión das augas domésticas

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un vertido de augas residuais na parroquia de Antes, no concello de Mazaricos.

O persoal do Programa de Control de vertidos de Augas de Galicia detectou nunha inspección rutineira este punto de vertido de augas residuais, procedentes dunha vivenda particular.

Na inspección, os técnicos autonómicos comprobaron que as augas domésticas vertidas se infiltraban á cuneta da estrada da zona, sen recibir ningún tipo de depuración previa.

Unha vez detectado o problema, Augas de Galicia informou ao titular da obrigatoriedade de adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.

Nunha nova inspección á zona, os técnicos constataron a eliminación d contaminantes ao dominio público, logo de proceder o responsable do inmoble a reconducir as augas residuais cara a unha fosa séptica propia da vivenda.

Data de actualización: 25/02/2024