A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios con selo de calidade na campaña Come Local no CIFP Vilamarín de Ourense

Vilamarín (Ourense), 22 de febreiro de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado, entre outros, polo presidente do GDR Adercou e alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, participou hoxe nunha actividade enmarcada na campaña “Come Local” que ten por obxectivo promocionar o produto de proximidade con selo diferenciado como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia “Da Granxa á mesa” da Unión Europea.

 

Esta xornada tivo lugar no CIFP de Vilamarín, situado en dito concello da provincia de Ourense, onde o director estivo acompañado polo equipo docente e polo alumnado dos ciclos de restauración, cociña e turismo. A actividade serviu para dar a coñecer produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e de produción ecolóxica e produtores que cooperan nesta iniciativa de promoción dos selos de calidade alimentaria galego, así como impulsar o seu consumo en centros educativos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2024