A Xunta asiste á estrea de Misturas, o novo espectáculo da fundación Igual Arte

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou o labor desta entidade por achegar a creatividade artística a todas as persoas

Vigo, 22 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou o labor que realiza a Fundación Igual Arte para achegar a creatividade artística a todas as persoas. Díxoo na estrea do novo espectáculo desta fundación: ‘Misturas’, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia e que hoxe se representou no Salón Rexio da sede do Celta de Vigo. 

A directora xeral destacou o apoio da Xunta de Galicia á Fundación Igual Arte, coa que colabora anualmente a través das axudas do 0,7% do IRPF, a través das cales recibiu na última convocatoria preto de 36.000€ para desenvolver distintos programas e adquirir novo equipamento. A isto súmase unha axuda de 34.000€ en 2023 para adquirir un novo vehículo co que dar servizo aos seus usuarios.

Ademais, a Xunta conta con 19 prazas concertadas no centro ocupacional de Igual Arte, que verán incrementado o seu financiamento nun 40% grazas á entrada en vigor do concerto social a partir do 1 de marzo. Deste xeito, a Xunta financiará con 225.000€ anuais estas prazas.

Data de actualización: 22/02/2024