A Xunta destaca o papel da Festa da Arribada como reclamo turístico fóra de temporada alta

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participa na presentación da nova edición desta celebración, unha das 15 Festas de Interese Turístico Internacional

Baiona (Pontevedra), 22 de febreiro de 2024

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou hoxe en Baiona na presentación da nova edición da Festa da Arribada, onde puxo de manifesto a crecente contribución que esta festividade está a ter como reclamo e atractivo turístico fóra de temporada alta. Como explicou, “celebracións como esta ocupan un lugar destacado no modelo turístico da Xunta para afondar nesa desestacionalización na que vimos traballando durante os últimos anos”.

Neste sentido, recordou que en 2023 déronse pasos importantes “ao ser quen de reducir a estacionalidade con importantes incrementos dun 6% en temporada media e dun 12% en temporada baixa”. Salientou, ademais o papel da Festa da Arribada como unha das 15 de Interese Turístico Internacional e animou a participar nas actividades que se celebrarán do 1 ao 3 de marzo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2024