A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, anunciou o inicio das inscricións nesta iniciativa nunha vista esta mañá a un intercambio xuvenil no albergue das Sinas na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera

A Xunta abre o prazo para inscribirse nas actividades da terceira edición do programa Primavera Xove

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas que se terán lugar nos albergues xuvenís das Sinas (Vilagarcía de Arousa), Mariña Española (Bergondo e Sada), Lug II (Lugo), A Devesas (Ribadeo), Area (Viveiro) e Pontemaril (Forcarei)

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 22 de febreiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, informou de que desde hoxe está aberto o prazo para inscribirse na terceira edición de Primavera Xove, programa que ofrece actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril en instalacións da Xunta de Galicia. Así o indicou durante unha visita a un intercambio xuvenil que desde o pasado día 15 e ata a xornada de hoxe tivo lugar no albergue das Sinas organizado por Arousa Moza co apoio da Administración autonómica. Cristina Pichel estivo acompañada do delegado territorial do Goberno galego, Agustín Reguera.

Precisamente, esta instalación é un dos espazos nos que se desenvolverá Primavera Xove, xunto cos albergues xuvenís Mariña Española (Bergondo e Sada), Lug II (Lugo), Area (Viveiro), A Devesa (Ribadeo) e Pontemaril (Forcarei). O programa está dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos; ofértanse 580 prazas en 29 quendas nos seis programas que conforman esta proposta que comezará a partir do 8 de marzo. Toda a información sobre Primavera Xove pode consultarse na páxina web de Xuventude.

Por outra banda, Cristina Pichel tivo a ocasión de conversar esta mañá cos arredor de 50 participantes de sete países diferentes que estes días danse cita no albergue xuvenil das Sinas no marco do proxecto de Arousa Moza ‘O futuro é ECO’. O obxectivo deste encontro é sensibilizar e mellorar o coñecemento da mocidade sobre o turismo sostible.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2024