A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou esta mañá un convenio de colaboración para a adhesión da compañía a este programa

A Xunta asina un convenio con Iberia para ofrecer descontos do 10% a través do Carné Xove

Os beneficiarios deste carné tan só terán que solicitar o seu código de desconto na páxina web do Carné xove

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou esta mañá un convenio de colaboración con Iberia para ofrecer descontos do 10% a través do Carné Xove. Os seus beneficiaron tan só terán que solicitar o código de desconto na páxina web do Carné xove e despois incluílo á hora de reservar os seus voos coa compañía.

A conselleira agradeceu a Iberia a súa colaboración que, ao igual que no caso do resto de entidades e establecementos adheridos, permiten ofrecer descontos e vantaxes a custe cero para as arcas autonómicas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2024