A Xunta comeza a demolición da edificación da rúa Sol de Carballo, no marco das obras para reducir o risco de inundacións

A actuación forma parte do proxecto de remodelación da ponte sobre o río Anllóns e de creación dunha canle de augas altas

A obra de derrubamento do edificio realízase tras executarse a semana pasada os labores previos de disposición dos materias de obra, andamiaxe e retirada de fibrocemento da cuberta

A intervención inclúe o derrubamento de 3 treitos de escaleiras, unha obra de fábrica pola marxe dereita do río e a habilitación dunha senda coa extensión de 600 m2 de pavimento

As obras comprenden, tamén, a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida

Estas actuacións completaranse coa instalación dunha pantalla lateral de contención e coa habilitación de dúas pasarelas de acceso ao paseo fluvial

As obras contan cun prazo de execución de 8 meses e un orzamento de máis de 1,5 M€

As intervencións enmárcanse na colaboración entre Xunta e Concello de Carballo para desenvolver o Plan de xestión desta área de risco potencial de asolagamento
 

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, comezou hoxe os traballos de demolición da edificación da rúa Sol, no concello de Carballo, no marco das obras para reducir o risco de inundación do río Anllóns.

Esta actuación forma parte do proxecto de remodelación da ponte sobre o río Anllóns e de creación dunha canle de augas altas.

O inicio das tarefas de demolición do edificio realízase tras executar a semana pasada os labores previos de disposición dos materias de obra, así como a colocacións da andamiaxe e a retirada de fibrocemento da cuberta, o que fai posible acometer agora as tarefas de derrubamento da edificación.

A intervención forma parte das obras para acadar unha mellor protección fronte ás enchentes no río Anllóns, para o que é preciso a demolición da edificación da contorna, cuxos traballos estás a iniciarse hoxe, ademais da remodelación da ponte e a creación dun canle de augas altas na rúa Sol.

Para reducir o riscos de inundación do río, os traballos que se desenvolverán inclúen o derrubamento de tres treitos de escaleiras, unha obra de fábrica pola marxe dereita do río e a habilitación dunha senda coa extensión de 600 m2 de pavimento.

A intervención comprende, tamén, a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida.

As obras completaranse coa instalación dunha pantalla lateral de contención e a habilitación de dúas pasarelas de acceso ao paseo fluvial para dar accesibilidade á senda.

Estes traballos contan cun orzamento de máis de 1,5 M€ e teñen un prazo de execución de 8 meses.

As intervencións enmárcanse na colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Carballo, para a execución das obras identificadas como prioritarias no Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación deste río, cun investimento total de 6,3 M€.

Segundo o acordo de colaboración, correspóndelle á entidade hidráulica da Xunta levar a cabo a contratación da redacción e aprobación dos proxectos das intervencións que permitan reducir o risco de inundación nesta área do río Anllóns, a contratación e execución das obras, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización.

Data de actualización: 14/02/2024