A Xunta colabora un ano máis coas festas de San Xosé das Gándaras, en Lugo, que se celebran do 15 ao 19 de marzo

Lugo, 14 de febreiro de 2024

A Xunta colabora un ano máis coas festas de San Xosé das Gándaras, que se celebran do 15 ao 19 de marzo. A secretaria territorial de Lugo, Marta Barreiro, participou hoxe na presentación das actividades xunto con representantes da organización.

O programa inclúe verbenas a cargo de diferentes orquestras entre as que figura a París de Noia, que actuará o venres 15 pola noite. Ao longo das cinco xornadas tamén haberá certame de tunas, pasarrúas, unha churrascada popular, carruseis e animación infantil.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/02/2024