A Xunta aposta polas casas de familia como garante da protección á infancia
2024-02-13
/documents/35297/507006/20240213+DXFamiliaCasaFamiliaCaldas.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Caldas de Reis (Pontevedra), 13 de febreiro de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a casa de familia Laura Vicuña, situada no concello de Caldas de Reis.
Alí sinalou que o Goberno galego aposta por esta modalidade de recurso por garantir un contexto familiar para os nenos e adolescentes dentro do sistema de protección autonómico e facilitar así unha maior protección da infancia.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 13/02/2024