A Xunta remata as obras da Oficina Rural de Monforte, que contaron cun investimento total de preto de 172.000 euros

Leváronse a cabo traballos de acondicionamento do interior da oficina e instalouse un punto de recarga de vehículos eléctricos

Esta reforma, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, permite ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina
 

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2024

A Oficina Rural de Monforte vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un investimento total de 171.868,69 euros.

Neste sentido, leváronse a cabo traballos de acondicionamento do interior da oficina, instalouse un punto de recarga de vehículos eléctricos e realizáronse labores de pintura na fachada do edificio.

 

O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/02/2024