A Xunta ten aberto o prazo da quinta edición do programa Xuventude Mentoring para apoiar á mocidade na transición ao emprego

A Coruña, 11 de febreiro de 2024

A Xunta abriu esta semana o prazo de inscrición da quinta edición do programa Xuventude Mentoring, dirixido a asesorar e acompañar á mocidade na transición do ámbito académico ao emprego. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana a empresa Galchimia, na Coruña, unha das participantes desta iniciativa.

A directora xeral lembrou que a mocidade interesada poderá enviar a súa solicitude para participar na quinta edición ata o 1 de marzo a través da páxina web habilitada para este programa. Así mesmo, durante a visita programada para hoxe, un grupo de mozos e mozas puideron coñecer o traballo desta empresa situada no parque empresarial de Touro e que traballa na investigación especializada en síntese orgánica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/02/2024