Estabilizado o incendio forestal do concello lugués de Trabada, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 190 hectáreas

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Trabada, parroquia homónima, quedou estabilizado ás 19,06 horas desta tarde.

O lume iniciouse ás 12,06 h. de hoxe e segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 190 hectáreas, parte delas correspondentes ao termo municipal de Ribadeo. Para a súa estabilización mobilizáronse, en conxunto, 1 técnico, 14 axentes, 26 brigadas, 20 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 08/02/2024