A Xunta colabora con Padre Rubinos na atención diúrna e residencial ás persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia e centro de día da entidade coruñesa

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia e centro de día para persoas maiores de Padre Rubinos, que conta con prazas financiadas pola Xunta de Galicia. Antón Acevedo tivo a ocasión de conversar con persoal e usuarios destes servizos.

O director xeral destacou que a entidade coruñesa é todo un referente nos servizos de atención aos maiores, inclusión social e atención á infancia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/02/2024