A Xunta subliña a importancia da gratuidade das escolas infantís para poñer en valor a atención educativa de 0 a 3 anos

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe en Vigo as escolas ‘Relfas’ e ‘Lúa’, a primeira da Xunta e a segunda de iniciativa privada

Vigo, 6 de febreiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe a posta en valor da atención educativa na primeira infancia que supón a implantación da gratuidade en todas as escolas infantís de Galicia e que situou á nosa comunidade como líder nacional na escolarización de 0 a 3 anos. O director xeral estivo hoxe en Vigo visitando dúas escolas infantís: ‘Relfas’, pertencente á rede pública da Xunta, e ‘Lúa’, de iniciativa privada.

Jacobo Rey sinalou a boa acollida que tivo a implantación da gratuidade tanto entre as familias como entre o sector. Tamén apuntou que esta medida consolida a Galicia como referencia na conciliación familiar.

Centro para nenos e adolescentes de Cáritas en Vigo

O director xeral tamén visitou o centro de día de atención integral a nenos e adolescentes de Cáritas en Vigo, onde se referiu á importancia que teñen este tipo de servizos para garantir que os nenos e adolescentes en situación de risco teñan o apoio que necesitan para poder desenvolverse plenamente

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/02/2024