A Xunta destaca o pulo e a calidade dos viños galegos na feira Barcelona Wine Week

Barcelona, 5 de xaneiro de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na primeira xornada da feira Barcelona Wine Week, que se celebra desde este luns ata o mércores, 7 de febreiro, no recinto feiral de Montjuïc, na Cidade Condal, e na que a Xunta está presente para apoiar ao sector vitivinícola da nosa comunidade, representado neste evento con máis dunha trintena de adegas.

O director da Axencia puxo en valor nesta cita enogastronómica os produtos vitivinícolas galegos que contan con gran presenza no mercados nacional. Neste sentido, a nosa comunidade conta cun espazo propio no que se poden degustar os viños, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023. A Barcelona Wine Week trátase dunha feira cun marcado carácter internacional, e que supón unha gran oportunidade comercial para as bodegas expositoras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/02/2024