A Xunta completa actuacións de mellora en 8,3 quilómetros de pistas do Distrito forestal XIX Caldas-Salnés

Realizáronse traballos en montes dos concellos pontevedreses de Pontecesures, Cuntis e Valga
 

As melloras realizadas consistiron no arranxo de pistas cunha motoniveladora, que fixo un refino e planeo da plataforma da pista e limpou as cunetas
 

Prevese seguir actuando nos concellos deste distrito, co fin de realizar traballos noutros 11 quilómetros en montes de municipios pontevedreses como Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa
 

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

A Dirección Xeral de Defensa do Monte vén de completar diferentes actuacións de melloras en varios montes do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés. Nomeadamente, nos concellos pontevedreses de Pontecesures, Cuntis e Valga. En total, leváronse a cabo traballos en 8,376 quilómetros de pistas.  

As actuacións realizadas consistiron e obras de melloras para arranxar pistas de montes, que se atopaban deterioradas por mor das recentes escorrentías, e que dificultaban o acceso de vehículos. 

As pistas reparáronse cunha motoniveladora, que fixo un refino e planeo da plataforma da pista e limpa as cunetas. Posteriormente, pasóuselles un compactador vibrador a modo pisón, co fin de asentar a capa de rodadura por máis tempo. Este tipo de traballos son clave na prevención e extinción de incendios forestais, xa que facilitan o acceso do persoal do servizo e reducen de xeito importante os tempos de reaccións.  

Neste sentido, prevese seguir actuando nos montes e concellos deste distrito. Así, seguirán a realizarse traballos nos municipios de Pontecesures e Cuntis e comezarase a actuar nas localidades de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa. O obxectivo e completar actuacións noutros 11 quilómetros de pistas, co fin de anticiparse aos lumes forestais e facilitar a súa extinción.

 

Data de actualización: 05/02/2024