A Xunta pon en valor a gastronomía galega na LVI Feira do Cocido de Lalín

Lalín (Pontevedra), 4 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e do alcalde de Lalín, José Crespo, asistiu esta mañá á apertura da Carpa do Cocido de Lalín, nunha cerimonia que tivo lugar neste concello pontevedrés organizada no marco da LVI Feira do Cocido.

José González aproveitou a ocasión para enxalzar esta cita gastronómica, que conta cunha traxectoria de máis de medio século sendo un dos eventos referencia no calendario de feiras gastronómicas de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/02/2024