A Xunta destina 371.000 euros para modernizar as explotacións especializadas en produción vexetal

Estas axudas teñen como fin incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade do tecido agrario

As 14 entidades beneficiarias poderán executar e xustificar estas axudas ata o 31 de xullo de 2025
 

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se resolven as solicitudes de subvención para a creación de empresas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal. Así, destínanse 371.097,68 euros a 14 entidades beneficiarias.

Estas achegas teñen por finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade do tecido agrario. Puideron solicitar estas axudas todos aqueles titulares de explotacións agrícolas que estran inscritos no Rexistro de Explotacións Agraria de Galicia (Reaga) e con orientación técnica e económica principal horticultura e cultivos diversos, cultivos leñosos, sementes e plántulas de hortalizas e patacas.

As entidades beneficiarias poderán executar e xustificar estas axudas ata o 31 de xullo de 2025. Para proceder ao pagamento da subvención correspondente a cada prazo de xustificación, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas e presentar a documentación indicada nas bases reguladoras, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación.

Ligazón á resolución no DOG:
 

Data de actualización: 02/02/2024