A Xunta avalía con Ageinco a situación do sector da enxeñaría, a consultoría e os servizos tecnolóxicos

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión de traballo con representantes desta asociación

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión de traballo con representantes de Ageinco para avaliar a situación do sector das empresas de enxeñaría, consultoría e servizos tecnolóxicos.

Deste xeito, a asociación trasladou ao secretario xeral as liñas estratéxicas nas que traballarán nos vindeiros anos en relación aos servizos que ofrecerán ás empresas e profesionais asociados. Nestes momentos Ageinco conta con máis de 30 compañías e ao redor de 1.200 profesionais.

Na reunión tamén se valoraron posibles vías de colaboración como a organización conxunta de actividades formativas no eido da enxeñaría, consultoría e servizos tecnolóxicos.

Finalmente, o secretario xeral de Industria puxo en valor a participación de Ageinco na Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, un instrumento de colaboración público-privada para maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial que faga de Galicia un hub do hidróxeno renovable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2024