A delegación da Xunta en Lugo acolle a presentación da Feira do entroido de Nadela, que se celebrará este sábado

Lugo, 1 de febreiro de 2024

A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación da Feira do entroido de Nadela, que organiza a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de San Xoán de Pena nesta parroquia lucense e conta co apoio da Xunta de Galicia. No acto participaron a xefa da Área Provincial de Turismo da Delegación, Paloma Vázquez, e o presidente e o secretario da entidade organizadora, Adrián Gómez e Graciano Rodríguez respectivamente.

A feira celebrarase este sábado e comezará ás 9.30 coa apertura dos postos de venda -con produtos gastronómicos propios do entroido- e animación cun grupo de música tradicional. Ás 13.00 horas pronunciará o pregón Roberto Pena, xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

Ao longo da xornada sucederanse as actuacións musicais, incluída a presentación oficial da canción “Feira de Nadela”, de Diego Flâneur & Ünder, e pola tarde haberá baile e concurso de disfraces.

Data de actualización: 01/02/2024