A Xunta pon en valor a nova Lei da calidade alimentaria no II Congreso de Viticultura Sustentable

Ourense, 1 de febreiro de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou en Ourense na inauguración do II Congreso de Viticultura Sustentable que tivo lugar esta mañá en Expourense.

Alí, puxo de relevo a nova Lei da calidade alimentaria, que entrará en vigor este mes, na que se desenvolve a necesidade dun equilibrio necesario entre a produción primaria e a sustentabilidade, baseándose no seu aspecto social, económico e medioambiental. Tamén sinalou que o sector vitivinícola galego está a apostar pola sostenibilidade e segue avanzando neste eido, en liña coa lei da calidade alimentaria e a estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024