A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe na presentación da cuarta edición deste programa

A Xunta destaca o valor que de ‘Talentos Inclusivos’ para concienciar á sociedade sobre a atención á discapacidade e achegar solucións

Begoña Abeijón agradeceu a implicación da Universidade da Coruña e de Aspace neste proxecto, así como a todos os estudantes por poñer o seu talento á disposición da inclusión

A Coruña, 31 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou a importancia que ten concienciar á sociedade sobre as situacións que se teñen que enfrontar a diario as persoas que teñen a súa autonomía reducida, así como aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar os coidados. Díxoo na presentación da cuarta edición de ‘Talentos Inclusivos’, iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, o Centro de Investigación en Tecnoloxías (CITIC) da Universidade da Coruña e a Asociación de Persoas con Parálise Cerebral da Coruña (Aspace).

Begoña Abeijón sinalou que ‘Talentos Inclusivos’ vai máis alá dun proxecto para espertar vocacións tecnolóxicas entre os estudantes de secundaria, bacharelato e formación profesional, posto que ten o valor engadido de axudar a buscar solucións que melloren o día a día das persoas con discapacidade e faciliten o traballo dos coidadores. Ademais, defendeu a colaboración entre administracións e coas entidades sociais para seguir avanzando na consecución dunha sociedade máis xusta, integradora e inclusiva.

Neste sentido a directora xeral agradeceu a implicación da Universidade da Coruña e de Aspace por poñer en marcha este proxecto, así como a todos os estudantes por poñer o seu talento á disposición da inclusión das persoas con discapacidade.

Participación

A sala Leonardo da Vinci do Museo Domus acolleu o acto de apertura desta nova edición de ‘Talentos Inclusivos’, que tamén conta co apoio do Concello da Coruña e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Este proxecto consolídase ano tras ano e nesta convocatoria conta coa participación de 15 centros de ensinanza das catro provincias galegas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2024