A Xunta colabora con Cáritas diocesana de Tui-Vigo para favorecer a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a entidade

Vigo, 31 de xaneiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou a importancia de seguir afondando na colaboración con entidades como Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para apoiar ás persoas en situación ou risco de exclusión. Díxoo na visita ás instalacións da entidade, onde tivo a ocasión de conversar con persoal e usuarios.

Arturo Parrado sinalou que as entidades do terceiro sector son as grandes aliadas da Xunta para apoiar ás persoas e familias que pasan por momentos de dificultade económica e que precisan de axuda para saír desta situación e seguir adiante.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2024