Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, visitou o stand de Galicia na edición XXII Madrid Fusión

Madrid, 31 de xaneiro de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou en Madrid Fusión Alimentos de España que regresou a IFEMA MADRID para conmemorar a súa vixésima segunda edición baixo a lema "Where it all begins" / "Onde todo comeza".

A Xunta de Galicia, cun stand propio, recibiu numerosas visitas de profesionais que se interesaron polos produtos de alta calidade de distintas zonas, así como polos seus viños.

Galicia demostra unha vez máis que é un epicentro onde se orixina a excelencia culinaria, e a súa caseta está a servir como espazo de encontro para o talento emerxente, o coñecemento e a innovación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2024