Diego Calvo realiza unha visita institucional a Portas

Portas (Pontevedra), 30 de xaneiro de 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, realizou hoxe unha visita institucional a Portas para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.

Ademais da Casa do Concello, o percorrido incluíu o pavillón deportivo de Romai, onde se levaron a cabo melloras de eficiencia enerxética. Nesta liña, Diego Calvo incidiu na importancia de dotar ás entidades locais de instalacións deportivas que garantan o confort das persoas usuarias e que contribúan a fomentar a práctica da actividade física entre a poboación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2024