A Xunta finaliza as obras de reforma da oficina rural de Ponte Caldelas, cun investimento de máis de 56.000 euros

Os traballos realizados consistiron principalmente na instalación dun sistema de aerotermia e a mellora dos aseos

Esta reforma, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, permite ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024

A oficina rural de Ponte Caldelas, localizada na provincia de Pontevedra, acaba de rematar o seu proceso de reforma a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de 56.601,38 euros.

Os traballos realizados consistiron principalmente na instalación dun sistema de aerotermia, na mellora dos aseos e tamén se inverteu na renovación do mobiliario. 

O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2024