Os usuarios da residencia pública de Ortigueira elaboran un mural con motivo do Día da Paz

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro

Ortigueira (A Coruña), 30 de xaneiro de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, estivo esta maña con persoal, usuarios e familiares da residencia de maiores de Ortigueira, pertencente á rede pública autonómica.

O xerente do Consorcio visitou o centro con motivo da celebración do Día da Non Violencia e da Paz, e estivo acompañado do alcalde do concello, José Valentín Calvín Fondevila. Os usuarios da residencia participaron na elaboración dun mural conmemorativo desta xornada e nun faladoiro sobre os conflitos abertos actualmente no mundo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2024