Diego Calvo realiza unha visita institucional a Dozón

Dozón (Pontevedra), 29 de xaneiro de 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial de Pontevedra, Agustín Reguera, realizou hoxe unha visita institucional a Dozón para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.

 

Ademais da Casa do Concello, o percorrido pola localidade incluíu o centro de saúde, onde estivo tamén a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, e o velorio. En ambas as instalacións realizáronse melloras de eficiencia enerxética para evitar filtracións térmicas e garantir así tanto o aforro de enerxía como a seguridade e o confort do persoal e da veciñanza usuaria. Nesta liña, Diego Calvo sinalou a importancia de que toda a poboación galega conte cunhas infraestruturas municipais de calidade, con independencia do seu lugar de residencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2024