Rueda promove a proba ciclista O Gran Camiño que percorrerá Galicia entre o 22 e o 25 de febreiro

Ponteareas (Pontevedra), 28 de xaneiro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo hoxe un percorrido en bicicleta desde a localidade pontevedresa de Ponteareas para promocionar a proba ciclista O Gran Camiño, que celebrará a súa terceira edición entre o 22 e 25 de febreiro deste ano.

Esta cita deportiva reunirá a máis de 120 corredores de diferentes países e contará con catro etapas, unha en cada provincia galega. A proba contribúe a consolidar Galicia como un referente no eido deportivo e a promover a imaxe da comunidade en todo o mundo, o que impulsará tamén ao sector turístico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/01/2024