A Xunta acompaña á asociación Ocionautas polo seu décimo aniversario de traballo ao carón da mocidade da Estrada

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a entidade

A Estrada (Pontevedra), 27 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou hoxe aos membros da Asociación Ocionautas na celebración do seu décimo aniversari.

Esta entidade, radicada no concello da Estrada, traballa coa mocidade da zona ao longo de todo o ano en proxectos de diversa índole vinculados ao eido da educación non formal. Así mesmo, e ao abeiro do programa da Xunta de Galicia Iniciativa Xove, desenvolven iniciativas de carácter cultural, artístico ou deportivo que favorecen a participación activa dos mozos e mozas.

Data de actualización: 27/01/2024