A Oficina Rural de Vila de Cruces remata as súas obras de mellora, cun investimento de case 64.000 euros

Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación do mobiliario das súas instalacións, así como a optimización da climatización ou dos aseos

Esta reforma, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, permite ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2024

A Oficina Rural de Vila de Cruces vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un orzamento total de 63.686,86 euros.

 

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron obras coma a renovación do mobiliario, a optimización da climatización a través de aerotermia ou a reforma dos aseos. Ademais, cambiáronse as xanelas para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións.

 

O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina, que se atopa na rúa Neira Vilas de Vila de Cruces. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/01/2024