Alfonso Villares celebra o Día mundial do pescador e destaca desde O Saviñao o traballo das peixerías para levar os mellores produtos do mar á mesa

O Saviñao (Lugo), 26 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, lanzou hoxe pola mañá unha felicitación ao conxunto das xentes que viven no mar na xornada na que se conmemora o Día Mundial do Pescador. Fíxoo durante a visita a peixería Azucena  no concello lucense de O Saviñao defendendo que a mellor homenaxe e forma de apoiar o traballo dos profesionais que traen a terra os produtos do mar que logo se venden neste tipo de establecementos. Comprar e consumir estes alimentos non so mellora a saúde e a calidade de vida, senón que constitúe o mellor respaldo a unha cadea mar-industria estratéxica para economía galega da que viven arredor de 50.000 persoas.  

Alfonso Villares destacou que resulta fundamental o papel das peixerías nesta cadea como prescritores deste alimento fundamental, os perfectos aliados tanto das campañas de promoción que realiza a propia Xunta como a que acaban de poñer en marcha as confrarías e depuradores de marisco baixo o lema ‘Consume do noso’. Neste Día Mundial do Pescador, o conselleiro do Mar animou a celebralo ao conxunto da cidadanía degustando os peixes e mariscos que fan de Galicia líder do sector marítimo-pesqueiro no conxunto da Unión Europa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2024