A Xunta aplaude o labor que realiza Íntegro nos seus centros de día, ocupacional e de emprego

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe os servizos da entidade

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 25 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, avogou hoxe por seguir actuando da man das entidades sociais para que os servizos e programas cheguen alí onde son necesarios. Así o sinalou tras visitar as instalacións da Asociación Íntegro, entidade que leva máis de 30 anos traballando no ámbito da atención ás persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

A directora xeral destacou a importancia de poñer a disposición destas persoas as ferramentas que necesitan para que poidan adquirir novas habilidades e gañar en autonomía. Neste sentido, puxo en valor o labor que realiza Íntegro nos seus centros de día, ocupacional e especial de emprego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/01/2024