A Xunta inicia o procedemento para adxudicar cinco vivendas protexidas de promoción privada na cidade de Ourense

O sorteo será entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes, que deberán solicitar a inclusión no procedemento no prazo de 15 días hábiles

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia iniciou o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas protexidas de promoción privada construídas na cidade de Ourense pola empresa Promociones Porta Vixia S.L.

As vivendas, cualificadas como de réxime xeral e modalidade de compravenda, están emprazadas no número 157 da avenida de Santiago e contan con superficies de 45,60 e 81,79 metros cadrados de superficie útil, ás que se engaden o correspondente rocho e praza de garaxe. O prezo de venda das mesmas oscila entre algo máis de 88.000 euros e os preto de 118.000 euros.

As vivendas adxudicaranse por sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes, que deberán presentar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) solicitude de inclusión no procedemento de adxudicación no prazo de 15 días hábiles.

 

Data de actualización: 25/01/2024