A Xunta acolle a presentación da ruta 4x4 que reunirá esta fin de semana en Castroverde 168 vehículos participantes

Está organizada polo club Os Riladores, co apoio do Goberno galego, e discorre por máis de 100 quilómetros de camiños deste municipio e de Pol, Baleira, Baralla e O Corgo

Lugo, 25 de xaneiro de 2024

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da quinta edición da Ruta 4x4 Os Riladores Castroverde, organizada polo club do mesmo nome e que conta co apoio do Goberno galego. No acto participaron a secretaria territorial, Marta Barreiro, e o presidente da entidade organizadora, Mario Pena, entre outros.

Trátase dunha ruta turística, non competitiva, con 168 vehículos inscritos, deles 155  coches todoterreo e 13 buggies, procedentes principalmente de toda Galicia, Asturias, Madrid ou Castela-León, pero tamén doutros puntos do Estado. Daranse cita ás 21.00 horas de mañá en Castroverde e a partir das 23.00 horas realizarán un paseo nocturno polos arredores da vila.

Durante a xornada do sábado percorrerán 107 quilómetros de camiños polos municipios de Castroverde, Pol, Baleira, Baralla e O Corgo. Como novidade, o domingo pola mañá celebraranse probas de habilidade nas inmediacións do campo de fútbol Veiga do Olmo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/01/2024